miércoles, 18 de febrero de 2009

MUIÑOS

O muiño hidraulico instalouse nas beiras dos rios para aproveietar a forza hidraulica da auga, permitia moer grandes cantidades de gran en pouco tempo.
Na zona do Eume hai dous tipos de muiños:
Os de cubo e os de canal descuberto
O seu funcionamento e o seguinte: A auga desviabase do rio a traves de un canal ata a entrada do muiño, a auga encañabase directamente sobre o rodicio e facia xirar éste xunto o eixe o que estaba unido unha moa ou pedra encargada de triturar o grao por fricción sobre outra pedra fija e na que se depositaba o grao que se iba moer.
Estas pequenas industrias de uso domestico repercutiron en gran medida na vida social e económica das aldeas donde estaban enclavados non solo do Eume senon de toda Galicia.
O muiñeiro cobraba unha cantidade de grao equivalente dependendo da cantidade de grao muido ésta cantidade denominabase maquia


No hay comentarios:

 
AS FRAGAS DO EUME © 2007 Template feito por Templates para Você