viernes, 23 de enero de 2009

O TURISMO DAS FRAGAS

Un dos metodos de facer turismo, coñecer a zona e e natureza é percorrendo as Fragas polos seus sendeiros, ben a pé ou ben na bicicleta, respirando o aire puro que nos aporta esta fraga, e interactuando coa natureza.

Un total de seis rutas compoñen o conxunto de camiños sinalados do Eume, que discorren polos ecosistemas máis representetivos do Parque. En certa medida, a rede de sendas, ven a revelar o gran valor recreativo de espazos tan autenticos como as Fragas da Ventureira ou os cumes de Pena Cavada. Os camiños teñen unha lonxitude apropiada para ser andados por todo o público, ainda que poden enlazarse varios, facendo percorridos máis largos.

O camiño dos Encomendeiros é moi bo para facer cos nenos e que comencen a relacionarse coa natureza, o camiño de Pena Fexa, podese facer na bicicleta.

Nas Fragas do Eume encontramos unha cantidade de casas de turismo rural nas que podemos aloxarnos e integrarnos coa vida rural da zona, conversar coas xentes do lugar, e facer unha vida como se fae nesta zona do rural. Algunhas casas de turismo rural que podense visitar son estas:

Casa Castoar.

Casa Don Bernardo.

Casa Lagoa

Casa Louran

Casa Roca

Casa de agraña de Acea

Casa do Castillo de Andrade

Rodeo da casa

CAMIÑO DE VENTUREIRA

O camiño discurre emboscado polo máis profundo do canón, por pisaxes insospeitadas e vexetación impresionante. Pasa pola minicentral hidroelectrica de Parrote e culmina na de Eume. A volta faise a media ladeira por unha pista forestal que ofrece excelentes panoramicas do mosteiro de Caaveiro entre o arboredo.

A lonxitude total é de 6 Km

A dificultade é baixa.

CAMIÑO DA PASA DA VELLA

O camiño bordea unha das zonas de reserva do parque Natural, polo que teremos especial cuidado en non abandonar a ruta. Partindo das proximidades de Torre de San Bartolomeu, bordea a Pena dos Mouros e finaliza na fantastica fraga do Mosqueiro. Alcanza tamén o encoro e o lugar de onde parte o tunel, de máis de dous quilometros de lonxitude e tres metros de diámetro, que alimenta de auga, por debaixo dad montaña a central hidroeléctrica.

A lonxitude é de 4,5 Km.

A dificultade é baixa

CAMIÑO DOS CERQUEIROS

A fantástica ruta dos Cerqueiros ofrece un conxunto completo dos ecosistemas desta zona do parque, descendendo desde os piñerais das zonas máis elevadas ata as fragas cubertas de liquens, próximas ao encoro. Ofrece ademais sensacionais vistas do concello de As Pontes de Garcia Rodriguez e do fantastico monte da Carboeira, nas proximidades da casa dos Esterqueiros.

Esta ruta ademais si se fai ao aterdecer podese ver algun que outro cervo e algún xabarin. Tamen nos ofrece a posibilidade de ir lendo os carteis informativos da fauna que existe na fraga.

A lonxitude é de 6,5 Km.

A dificultade é baixa.

CAMIÑO DOS CUMIOS DE SANGUIÑEDO

Unha longa camiñata parte de entre as casas de Torre de San Bartolomeu, desde a poucos centos de metros, alcanzase as explendidas vistas de Pena do Teixo; aquí xa se ve a maioría da ruta en dirección sueste. Ao fondo vense os montes de Montelongo en primeiro termo e Pena Cavada no alto. Cara ao norte pódese observar parte do canón do Eume e o monte Fonterdión.

A lonxitude é de 8,5 Km

A dificultade é media.

CAMIÑO DOS ENCOMENDEIROS

A ruta comenza na ponte colgante do Cal Grande, e discorre río arriba ata chegar á ponte de Caaveiro; logo ascende ata o Mosteiro para volver sobre si mesmo paralela ao río Sesín. Podese acortar a súa lonxitude iniciando o camiño na ponte colgante de Fornelos ou ben camiñando só o tramo circular de Caaveiro.

A lonxitude si se fai completa é de 7,5 Km.

A dificultade é baixa

lunes, 19 de enero de 2009

FLORA DAS FRAGAS


Este LIC é principalmente coñecido pola extensión e, en gran parte, bo estado de conservación e representatividade dos seus bosques autóctonos ou fragas. Estas masas forestais, que se encontran aquí moi preto da área de contacto entre os sectores bioxeográficos galaico-asturiano e galaico-portugués, constitúen a mellor representación supervivente en Europa dos bosques atlánticos termófilos.
Entre os pisos termocolino e montano inferior prosperan as carballeiras galaico-asturianas occidentais, pertencentes á asociación Blechno spicanti-Quercetum roboris, co carballo (Quercus robur) Quercus robur como especie dominante e un cortexo arbóreo e arbustivo composto por abeleiras (Corylus avellana), freixos (Fraxinus excelsior), pradairos (Acer pseudoplatanus), estripos (Crataegus monogyna) e, en zonas baixas e abrigadas do piso termocolino, loureiros (Laurus nobilis) e érbedos (Arbutus unedo). Outras especies arbóreas ou arbustivas presentes nestes bosques, algunhas delas de presenza rara ou infrecuente na Galicia costeira ou situadas no bordo da súa área de distribución, son o teixo (Taxus baccata), o acivro (Ilex aquifolium), o carballo negral ou rebolo (Quercus pyrenaica), o carballo albar (Quercus petraea), a sobreira (Quercus suber), o olmo montano (Ulmus glabra), a cerdeira brava (Prunus avium), e a maceira brava (Malus sylvestris). Localmente son abundantes, e incluso dominantes, o castiñeiro (Castanea sativa), e o bidueiro (Betula celtiberica), que é especialmente numeroso en vagoadas do contorno do encoro.

Crataegus monogyna Betula celtiberica
Os bosques de ribeira ou ripisilvas flanquean unha gran parte dos leitos fluviais e pola súa extensión, naturalidade e estado de conservación constitúen unha das mellores mostras deste tipo de formacións forestais en Galicia. No Eume prodúcese o tránsito entre o dominio das ripisilvas galaico-portuguesas (asociación Senecio bayonensis-Alnetum glutinosae) e as galaico-asturianas setentrionais (asociación Valeriano pyrenaicae-Alnetum glutinosae), caracterizadas pola abundancia de ameneiros (Alnus glutinosa), cos que se mesturan salgueiros (Salix atrocinerea), freixos (Fraxinus excelsior e Fraxinus angustifolia), e sanguiños (Frangula alnus) entre outras especies arbóreas.
Estes bosques albergan un gran número de taxons escasos ou de distribución marxinal. Ademais dalgunhas de especies arbóreas pouco comúns na Galicia costeira, citadas antes, é preciso mencionar, entre as anxiospermas (a Narcissus cyclamineus, Narcissus asturiensis, Narcissus triandrus, Allium victorialis, Inula conyza, Luzula sylvatica subsp. grandulosa, etc). Ademais, as carballeiras e abeledos das vagoadas por debaixo dos 400 m de altitude, sobre todo, son un refuxio de excepcional relevancia para a flora pteridolóxica; así, coñécese un total de 28 taxons de fieitos, incluíndo varios relitos macaronésicos ameazados e restrinxidos a moi poucos lugares no ámbito ibérico e incluso mundial, como Culcita macrocarpa (considerada en perigo no Libro vermello da flora vascular ameazada de España), Dryopteris guanchica, Cystopteris viridula, Vandeboschia speciosa, Hymenophyllum tumbrigense, Davallia canariensis, Woodwardia radicans e Dryopteris aemula.

Culcita macrocarpaWoodwardia radicans

Do mesmo xeito, case a metade da brioflora galega está presente na zona (máis de 220 especies: 136 de brións e 85 de hepáticas), incluíndo 52 especies novas para Galicia, algunhas delas raras en España, como os brións (Andreaea crassinervia, Cyclodyction laetevirens, Cryphaea lamyana, Isothecium holtii ou Rhynchostegium alopecuroides) ou a hepática (Metzgeria temperata). A flora liquénica é igualmente excepcional, e foron catalogadas 243 especies, das cales 24 son raras ou descoñecidas no resto de España e 3 son novas para Europa. O catálogo de fungos, aínda que provisional, é así mesmo moi extenso, con 163 especies, moitos deles raros en Galicia. Aínda que dunha relevancia menor que a dos bosques, o LIC alberga boas representacións de diferentes tipos de matogueiras, entre as que se insiren pequenas áreas higroturbosas, como na área do monte Fontardión e ao noroeste do concello de Monfero. Nestas áreas destaca a presenza de Erica mackaiana e Cytisus ingramii, endémicas do norte de Galicia, e Linkagrostis juressi, entre outras moitas especies de distribución restrinxida. A vexetación de paredes rochosas silíceas tamén está moi ben representada, particularmente no canón entre o encoro e a central hidroeléctrica.

domingo, 18 de enero de 2009

IMAXES DA FLORA

jueves, 8 de enero de 2009

FLORA E VEXETACIÓN DAS FRAGAS


Información facilitada por Luis Costa (Director do parque)

martes, 6 de enero de 2009

AVES DAS FRAGAS

Entre a avifauna, con máis de 100 especies coñecidas, destaca a existencia dunha considerable variedade de aves rapaces nidificantes, incluíndo entre outras o miñato abelleiro (Pernis apivorus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus), aguia albela (Circaetus gallicus), rapina cinsenta (Circus pygargus) e falcón peregrino (Falco peregrinus). Case todas as especies de rapaces nocturnas foron detectadas no ámbito do LIC, e destaca a presenza de bufo real (Bubo bubo), e a elevada densidade que presenta a avelaiona (Strix aluco). Ademais dos falcóns e bufos, a andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris) a andoriña dáurica (Hirundo daurica) (rara na Galicia costeira) e o corvo grande (Corvus corax) son as especies máis características dos rochedos. O merlo rieiro (Cinclus cinclus), a lavandeira real (Motacilla cinerea), e o picapeixe (Alcedo atthis) caracterizan a avifauna propia dos leitos fluviais. Os bosques, campiñas e matogueiras albergan unha gran variedade de aves terrestres, e destacan pola súa abundancia os ferreiriños (Parus spp.), e estreliñas riscadas (Regulus ignicapillus), e o cardeal (Pyrrhula pyrrhula) entre outras moitas.

IMAXENES DAS AVES

MAMIFEROS

Pola súa riqueza (ao menos 40 especies) e pola existencia de diversas especies infrecuentes e de distribución moi localizada, as Fragas do Eume son o emprazamento máis notable para a fauna de mamíferos na Galicia baixa. Entre as especies propias de áreas montanas destacan, por exemplo, a marta (Martes martes), e a musaraña de auga (Neomys fodiens). Esta última, xuntamente co desmán ibérico (Galemys pyrenaicus), e a lontra (Lutra lutra), ambos incluídos no anexo II da Directiva hábitats e con boas poboacións na zona, están vinculados aos numerosos cursos de auga. Outros carnívoros de grande interese citados na zona son o gato bravo ou montés (Felis sylvestris), o armiño (Mustela erminea), o tourón (Mustela putorius), e a garduña (Martes foina). O lobo (Canis lupus) mostra unha presenza regular nas zonas altas do LIC. Malia que os quirópteros están pouco estudados, a existencia de múltiples refuxios permite supoñer a existencia dunha rica comunidade; unha das poucas citas do raro morcego rateiro de bigotes (Myotis mystacina), foi obtida neste espazo natural. Tras décadas de case desaparición, o corzo (Capreolus capreolus), e o xabaril (Sus scrofa), están hoxe en día ben representados, así como a lebre (Lepus granatensis), nas áreas altas de matogueira, mentres que o cervo (Cervus elaphus), procedente de escapes de catividade, xa chegou a reproducirse dentro do espazo natural

IMAXENES DOS MAMIFEROS

OUTROS ANIMAIS DAS FRAGAS

A herpetofauna, integrada por 13 especies de anfibios e 10 de réptiles, é un dos valores faunísticos principais do LIC. De feito, as Fragas do Eume foron recentemente incluídas no inventario de áreas importantes para a herpetofauna española (Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004) e inclúen ata 10 taxons con distinto grao de endemicidade. Importantísima poboación da píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica), endémica do noroeste ibérico. Tamén se encontran o limpafontes ou tritón ibérico (Lissotriton boscai), e a ra patilonga (Rana iberica) ambos tamén endémicos da Península, que coinciden con elementos eurosiberianos como a ra vermella (Rana temporaria). Entre os réptiles, ademais do lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), endémico pero abundante, é especialmente destacable o núcleo a baixa altitude da lagarta da serra (Iberolacerta monticola).

IMAXENES DOUTROS ANIMAIS

 
AS FRAGAS DO EUME © 2007 Template feito por Templates para Você