lunes, 13 de octubre de 2008

INTRODUCIÓN


AS FRAGAS DO EUME

No primeiro lugar ímonos facer unha pregunta
¿Que son as fragas?

• As fragas son bosques mixtos moi manexados deica hai pouco (onde aproveitase ou se aproveito madeira, leña, carbón, cortizas etc.)
• Hai un aproveitamento secuenciado no espazo e tempo, o que permite a rexeneración.
• Combinan touzas pobres co bosque vello, pluriestratificado e diversificado
O Parque Natural das Fragas do Eume incorpora unha das mellores representacións de bosque orixinal no territorio costeiro de Galicia, distinguíndose, a pesar das alteracións producidas pola actividade humana, pola súa naturalidade e biodiversidade, mantendo moitas das características primigenias que xustifican o seu extraordinario valor.
Este bosque intégrase dentro do concepto de bosque atlántico, definido por Izco (1994) como unha formación arbórea densa con follas amplas que atrapan a luz e escurecen o sotobosque, co chan cheo de follaxe, humidade ambiental e presenza de fentos, vinculado aos territorios europeos con marcada influencia oceánica. O termo "fraga" ten un claro matiz paisaxístico e vegetacional que fai referencia a aqueles territorios boscosos de relevo intricado dominado por árbores planifolio. Neste sentido Amigo & Norman (1993) defíneno como a masa de bosque con presenza maioritaria de Quercus robur e en menor medida doutras especies como o castiñeiro, bidueiro, acivro, freixo, etc. O nome do Parque "Fragas do Eume" alude evidentemente a estas formacións boscosas que se desenvolven con maior vigor no val que atravesa o tramo inferior do río. Por conveniencia estratéxica utilizouse para nomear a todo o territorio incluído na área protexida, boa parte da cal non presenta "fragas" na súa superficie.
Este Espazo Natural forma as masas máis extensas de bosque na provincia de A Coruña cun corredor forestal de case 20 Km. de lonxitude. Tanto as especies vexetais como faunísticas que compoñen este ámbito natural, constitúen un punto de extraordinario interese que debería ser obxecto de múltiples estudios e disposicións legais que regulen o uso do medio, facendo así posible frear a deterioración que dende hai uns anos vén seguindo este espazo en progresivo aumento e podendo manter nun estado de conservación óptimo a paraxe das "Fragas do Eume".

 
AS FRAGAS DO EUME © 2007 Template feito por Templates para Você