viernes, 20 de febrero de 2009

HISTORIA DOS MONTES PÚBLICOS

Os montes publicos que se encontran dentro do Parque Natural das Fragas do Eume son:
Marco da Curra
Penafesa de S. Pedro
Penacavada e marola
Os Cerqueiros
Fraga dos Cerqueiros
Fraga de Teixeiro
Antes de meternos en detalle imos facer unha pequena introdución e imos a falar un pouquiño , de cal é a historia destes montes.
Os primeiros datos que se teñen da propiedade destes montes remontanse ao seculo XVI, cando a totalidade do concello de Monfero era propiedade da Orden do Císter e estos a cederon aos veciños, con dereito a a aproveitar as leñas e os pastos para o gando. Este réximen permanecerá ata que o 30 de decembro de 1872, polas leis de desamortización, foron adquiridas case totalidade dos montes do concello pola Excelentisima Sra Dña Mª Josefa Parada y Parada condesa de Vigo.
Xa na decada dos cincuenta, concretamente o 23 de outubro de 1953, foi aprobado no Consello de MInistros un Decreto polo que se declaraba obrigatorio a plantación forestal (repoboación) de varios montes do concello de Monfero. Se os montes encontrabanse catalogados, algunhos indebidamente, se estableció un contrato de xestión (Consorcio) entre o concello e o Parimonio Forestal do Estado do Minesterio de Agricultura; noutros casos, montes de titularidade privada invitabaselles aos seus propietarios a formalizar un contrato de xestión (consorcio) co Patrimonio Forestal do Estado ou ben a facer a repoboación pola sua conta.
A situación xeral salvo as excepcions de Os Cerqueiros, Fraga dos Cerqueiros e a Fraga do Teixeiro, foi que os antigos propietarios demandaron ao Patrimonio Forestal do Estado sobre a propiedade dos montes. A sentenza ditadas polos xuíces ofrecía aos propietarios a alternativa de recibir o precio do suelo ou ben pagar os costes da repoboación; ademáis de proceder á exclusión dos montes do Catalogo de Utilidade Pública. Os montes foron entonces entregados ao Patrimonio Forestal do Estado a un prezo de 12.500 pts/ha.
A realidade é que estes conflictos ainda non estan solucionados, existindo reclamacións dos veciños que se sinten propietarios de parte dos montes. Ainda que os montes foron adquiridos libre de cargas, esto non é a realidade, xa que os vecíños mantenian o seu gando comprometiendo o exito das repoboacións efectuadas. Estes veciños reclamaban ao organismo competente aumentar a carga gandeira dos montes xa que segun eles, as repoboacións fracasaban non a causa da carga gandeira, senon que era a consecuencia da dureza do clima. En 1985, sendo o organismo competente A Conselleria de Agricultura Ganderia e Montes, establecese uns contratos de ocupación con os veciños de maneira que pudiesen ubicar o gando nas areas de pastizal que se adecuaron para elo.
Hoxe en día estase a facer un Proxecto de Ordenación dos montes arborados, para garantir a sua conservación, aproveitamento racional e a continuada persistenza dos mesmos (conservando os valores naturais e paisaxisticos, de productividade e de perdurabilidade).

No hay comentarios:

 
AS FRAGAS DO EUME © 2007 Template feito por Templates para Você