domingo, 15 de marzo de 2009

OS INCENDIOS FORESTAIS

Os incendios forestais son un problema non só no Parque das Fragas senon de toda Galicia, na Comarca do Eume os últimos incendios forestais dentro do Parque producironse no ano 2006 sobretodo nas zonas de A Capela e de Monfero. Os incendios forestais orixinan dano e perdas económicas como son:
Perdas diretas:
A madeira queimada ten menos valor económico, perdidas en biomasa forestal, erosión do terreno e a escasa capacidade que ten despois o terreno para a absorción da choiva, perdidas de productos forestais como son setas e castiñeiras, perdidas de cultivos agricolas e contaminación dos acuiferos.
E perdas indiretas como son:
Pérdidas derivadas da emisión de CO2 a atmósfera, coste derivados da extinción do lume, danos medioambientais, perdidas de turismo, arrastre de cinzas o rio e perdidas na valorización do monte.



















ESPECIES INVASORAS

Unhos dos problemas que presenta o parque e a introducción que se fixo de especies foraneas e invasoras. A presenza de elementos estraños aos ecosistemas, como son as especies exóticas invasoras, pode afectar ás condicións ambientais, á cadea trófica e aos ciclos de nutrientes. As condicións ambientais que se ven alteradas con maior frecuencia no caso das plantas invasoras son as de insolación, cantidade e riqueza de humus no horizonte superior do solo, oxixenación e nutrientes nas invasións en medios acuáticos... Estes cambios afectan a todo o sistema, incluíndo a fauna, a flora, os solos e o medio. Os polinizadores ou depredadores son algúns dos animais que se ven implicados na mudanza do ecosistema. Outros problemas xerais son os relativos á introdución de patóxenos ou especies asociadas coas invasoras, que poden afectar a outros elementos do ecosistema. Tamén se describiron efectos de invasoras sobre condicións ambientais especiais en forma de perturbacións periódicas, como os incendios, posto que determinadas especies pirófitas poden favorecer a aparición ou cambio de condicións de incendios forestais.



Impacto sobre a flora autóctona - Nun estudo recente conclúese que as invasións biolóxicas son a segunda causa de ameaza para as especies, só por detrás da perda ou degradación do seu hábitat natural (Wilcove et al., 1998). Outros autores colocan esta ameaza en terceiro lugar, tras a perda dos hábitats e a fragmentación da paisaxe (Williamson, 1996). Nas plantas este efecto negativo sobre as especies nativas prodúcese principalmente pola competencia dos recursos, aínda que existen outros problemas asociados a cambios nas condicións do hábitat: as alteracións do ciclo hidrolóxico, a nitrificación ou efectos indirectos sobre ciclos de perturbación, como os incendios. Especies moi sensibles a pequenos cambios ambientais no seu medio vense máis afectadas polas invasións biolóxicas. Estas especies coinciden en gran medida coas de maior interese, caso de gran parte das especies endémicas. Diversos endemismos de zonas costeiras; medios sensibles, como os sistemas dunares ou comunidades pioneiras, poden verse gravemente afectadas. Entre outros, prodúcense problemas por hibridación con especies autóctonas, o que deriva nunha perda de diversidade xenética e na aparición de híbridos dos que non se coñece o seu comportamento.

O EMBALSE

Un dos impactos ambientais máis grande que hai no parque e o embalse, a sua construcción durou tres anos e foi inagurado no ano 1956.
O embalse do Eume provoca un contraste impresionante e unha ruptura no contorno marcando duas paisaxes diferentes vistas dende o alto do embalse, as suas dimensións son as seguintes:
E de doble curvatura. Dimensións: arco superior 230 m., altura máxima 101 m., capacidade do embalse 123 Hm.



A PROBLEMATICA DA XESTIÓN

Un dous problemas maiores que ten ou parque é compatibilizar a xestión cos intereses dous propietarios xa que a maioria do terreo que esta dentro do parque pertence a propietarios particulares.
Non se pode declarar un parque sen ter en conta a xente que esta dentro do parque, nin se pode facer un parque con xente totalmente en contra. A Lei 9/2001 do 21 de agosto de Conservación da natureza di nos seus articulos 29 e 30:


Artigo 29. Aproveitamento e uso dos bens e recursos incluídos en espazos naturais protexidos.

1. O aproveitamento e uso dos bens e recursos incluídos no ámbito dun espazo natural protexido realizarase de maneira que resulte compatible coa conservación dos valores que motivaron a súa declaración, tal e como se dispón nos instrumentos de plan.
2. As limitacións ao uso dos bens e recursos derivadas da declaración de espazo natural protexido ou dos instrumentos de ordenación previstos na presente Lei poderán dar lugar a indemnización cando concorran simultaneamente estes requisitos:

1. Que incidan sobre dereitos efectivamente incorporados ao patrimonio de titular.
2. Que afecten a usos ou aproveitamentos legal e efectivamente exercidos no momento de imposición da restrición.
3. Que se produza unha lesión patrimonial efectiva, actual e cuantificable en termos monetarios.
4. Que se trate de limitacións singulares non susceptibles de distribución entre os afectados.

Artigo 30. Áreas de influencia socioeconómica.


1. Os procedementos de declaración do espazo establecerán, no seu caso, as áreas de influencia socioeconómica, nas que poderán preverse as medidas de compensación pertinentes.


2. Para contribuír ás melloras de calidade de vida dos seus habitantes e ao desenvolvemento sostible nestes ámbitos, a Xunta de Galicia propiciará o desenvolvemento de actividades tradicionais e fomentará outras compatibles coa conservación do espazo de que se trate.

3. Para unha mellor aceptación e participación social fomentarase a integración dos habitantes dos territorios afectados nas actividades xeradas pola protección e xestión do espazo natural.


4. As producións artesanais das áreas de influencia socioeconómica, sen prexuízo da lexislación específica, poderán establecer o uso dunha etiqueta de calidade de produtos referenciada na denominación do espazo natural protexido de que se trate.

Este parque chegou ata estes tempos tal e como ou vemos grazas a relación armonica que houbo entre ou medio e a xentes do lugar, que facian un uso e desfrute sustentabel .Cuando se declarou o parque natural se deberia ter en conta que dentro do parque ten propiedades persoas particulares que se atopan afectados pola devandita declaración.
Cando se declarou o parque a xente era un pouco remiso a que as súas terras quedasen dentro do parque, porque sentian que tenian unha serie de restrinciones, e provocáballes mais prexuízos que beneficios, isto manifestábase en reiteración de incendios forestais probocados etc.

normal_36003

A Administración debe tal e como reflicte a Lei 9/2001 compensar esas restrinciones e "problemas" que lles causan, mediante subenciones, contratación de persoas para realizar traballos dentro do, ou mesmo compensar economicamente os beneficios que deixa de gañar por estar as súas propiedades dentro do parque. Facer que os productos que se produzcan aquí teñas a denominación de orixen co nome do parque, etc.

gamonedo
Eu son dun parque nacional (Picos de Europa) e ao igual que aqui cando se ampliou o parque a xente estaba moi descontenta, xa que as restricións eran moi grandes, pero pouco a pouco e grazas a que a administración dió bastantes subvencións, contratou a xente do lugar para traballar, e potenciou o turismo, os veciños ven con mellores ollos estar dentro do parque.

FORE

A xente fué cambiando a súa forma de vida e pasou de vivir da agricultura e ganderia que eran as actividades que se desenvolvían alli a vivir de turismo e de traballos relacionados con parque.

Penso que a admon ten que concienciar á xente e que se sintan orgullosos de pertencer ao parque, que o sintan como deles.

martes, 10 de marzo de 2009

Mosteiro de Caaveiro

A edificación máis visitada dentro das Fragas do Eume é o Mosteiro de Caaveiro, establecido neste lugar dende o ano 934. A él pertencían a maior parte das terras de cultivo sitas a dereita do río Eume, e debido a isto, a súa igrexa obtén a categoría de Real Colexiata (con seis canónigos) que conservará ata fins do século XVIII. Despóis do século mencionado , o mosteiro tras ser abandoado pola igrexa, queda o coidado dun caseiro e inicia a súa decadencia e deterioro.
No século XIX, tanto o mosteiro coma boa parte das terras que o rodean, pasan a ser propiedade dun particular, o cal fai unha serie de obras modificando parte da súa estructura.
CONSERVACIÓN:
Os restos máis antigos que se conservan sen modificación datan do século XII, entre o que destaca a igrexa do mosteiro. Consérvase en bo estado a cabeceira e boa parte da nave. Queda tamén en pé un fermoso campanario barroco do século XVIII.
Outras partes da estructura do mosteiro que se conservan de forma aceptable son a casa dos canónigos e e as cociñas do mosteiro.
PROTECCIÓN:
O conxunto foi declarado no ano 1975 Monumento Histórico Artístico, debido á súa importancia arquitectónica.
Na actualidade o Mosteiro de Caaveiro é propiedade da Diputación de A Coruña, a cal organiza visitas turísticas guiadas os fins de semana e días festivos. Nas épocas de máis visitas como en Semana Santa e os meses de xullo, agosto e setembro sae un autobus dende o Centro de receción das Fragas do Eume cada hora e leva os visitantes ata o mosteiro.



 
AS FRAGAS DO EUME © 2007 Template feito por Templates para Você