lunes, 15 de diciembre de 2008

Xestión das Fragas do Eume

O P.N. Fragas Do Eume

Información do Director das Fragas do Eume (Luis Costa)

lunes, 1 de diciembre de 2008

FAUNA DAS FRAGAS DO EUME


O centro comercial dunha gran cidade en hora punta non está máis animado que calquera recanto das fragas, sobre todo ó cae-la noite. Miles de millóns de criaturas de case tódalas formas e tamaños inician entón a sua franetica actividade cotiá, que é encontrar alimento, evitar convertirse nel, e ter familia. Imos ver algúns dos invertebrados:

Carabus galicianus: Este fermoso escaravello só vive no noroeste de peninsula Ibérica, e atopa nas fragas do Eume as súas mellores poboaciones.
Argyope bruennichii: (Araña tigre).Esta araña fabrica complexas arañeiras, nas fragas, para cazar a súas presas.
Lucanus cervus: (Vacaloura o escornabois) pasa a mierande parte da súa vida como unha larva alimentandose no interior dun tronco.
Mantis religiosas: As mantis capturan pequenas criaturas coas súas longas e mortais patas dianteras.
Enallagma civile : (Cabaliño do demo).Este animal captura outros insectos voadores.
Geomalacus: (A lesma). Devora as frescas follas da vexetación máis humeda.

sábado, 22 de noviembre de 2008

LEXISLACIÓN


MARCO ADMINISTRATIVO E LEGAL.

Antecedentes legais.

- O 28 de marzo de 1989 publícase no BOE nº74 a aprobación da lei 4/1989 de conservación dos espazos naturais e da flora e fauna silvestres.

- O 24 de abril de 1989, a Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes da Xunta de Galicia dita a Orde pola que se establecen normas a aplicar nos concellos de Pontedeume, A Capela, Cabanas e Monfero da provincia de A Coruña como consecuencia da iniciación do proceso de tramitación do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Fragas do Eume

- O 1 de xuño de 1989 publícase no DOGA nº 101 o decreto 82/1989 do 11 de maio polo que se regula a figura de espazo natural en réxime de protección oficial.

- O 1 de agosto de 1994 publícase no DOGA nº147, a Resolución da Dirección Xeral de Montes e Medio Natural do 20 de xuño na que se abre o prazo para a información pública do Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Fragas do Eume, prorrogándose o prazo por Resolución do 26 de agosto do mesmo ano.

- O 5 de xuño de 1996 a Conselleria de Agricultura, Ganderia e Montes da Xunta de Galicia publica no DOGA nº 110 o Decreto 211/1996 do 2 de maio polo que se aproba o Plan de Ordenación de Recursos Naturais do espazo natural das Fragas do Eume.

- O 11 de agosto de 1997 a Xunta de Galicia publica no DOGA nº153 o Decreto 218/97 do 30 de xuño polo que se declara Parque Natural as Fragas do Eume.

- O día 4 de setembro do 2001 publicase no DOG núm. 171 a Lei 9/2001 de 21 de agosto, de conservación da naturaza, lei galega que seralle de aplicación a este Parque Natural.

viernes, 21 de noviembre de 2008

UNHA VIAXE POLAS FRAGAS

LÍMITES DAS FRAGAS E DOS MONTES PÚBLICOS


ORTOFOTO DAS FRAGAS

ZONIFICACIÓN DAS FRAGAS DO EUME


sábado, 15 de noviembre de 2008

SITUACIÓN











O espazo natural das Fragas do Eume está situado no noroeste de Galicia, entre a costa da ría de Ares e as estribacións da Dorsal Galega á altura do Cordal da Loba. Os tramos medio e baixo do río Eume percorren practicamente todo o parque.
Administrativamente repártese entre os concellos de Pontedeume polo oeste, Ás Pontes de García Rodríguez na parte este, Cabanas, e A Capela cara ao norte, e Monfero ao sur, todos eles pertencentes á provincia de A Coruña.
De forma máis precisa, o Parque ocupa as parroquias de Ombre (Sta. María) en Pontedeume; Salto (Sta. Cruz) e Soaserra (Sta. Olalla) en Cabanas; Capela (Santiago) en A Capela; Taboada (Sta. Mariñar), Monfero (San Fiz), Xestoso (San Pedro), Xestoso (Sta. María) e Queixeiro (San Xurxo) en Monfero; Eume (San Pedro), Faeira (San Pedro) e Bermui (Santiago) en Ás Pontes de García Rodríguez.

2.1.3. - Superficie e propiedade.

O parque posúe unha superficie total de 9.125,65 Has, na provincia de A Coruña que se reparte entre os cinco municipios da forma seguinte:















A distribución da superficie do Parque Natural segundo as formacións vexetais e a propiedade indícase na táboa seguinte onde as cifras veñen expresadas en Has:


lunes, 13 de octubre de 2008

INTRODUCIÓN


AS FRAGAS DO EUME

No primeiro lugar ímonos facer unha pregunta
¿Que son as fragas?

• As fragas son bosques mixtos moi manexados deica hai pouco (onde aproveitase ou se aproveito madeira, leña, carbón, cortizas etc.)
• Hai un aproveitamento secuenciado no espazo e tempo, o que permite a rexeneración.
• Combinan touzas pobres co bosque vello, pluriestratificado e diversificado
O Parque Natural das Fragas do Eume incorpora unha das mellores representacións de bosque orixinal no territorio costeiro de Galicia, distinguíndose, a pesar das alteracións producidas pola actividade humana, pola súa naturalidade e biodiversidade, mantendo moitas das características primigenias que xustifican o seu extraordinario valor.
Este bosque intégrase dentro do concepto de bosque atlántico, definido por Izco (1994) como unha formación arbórea densa con follas amplas que atrapan a luz e escurecen o sotobosque, co chan cheo de follaxe, humidade ambiental e presenza de fentos, vinculado aos territorios europeos con marcada influencia oceánica. O termo "fraga" ten un claro matiz paisaxístico e vegetacional que fai referencia a aqueles territorios boscosos de relevo intricado dominado por árbores planifolio. Neste sentido Amigo & Norman (1993) defíneno como a masa de bosque con presenza maioritaria de Quercus robur e en menor medida doutras especies como o castiñeiro, bidueiro, acivro, freixo, etc. O nome do Parque "Fragas do Eume" alude evidentemente a estas formacións boscosas que se desenvolven con maior vigor no val que atravesa o tramo inferior do río. Por conveniencia estratéxica utilizouse para nomear a todo o territorio incluído na área protexida, boa parte da cal non presenta "fragas" na súa superficie.
Este Espazo Natural forma as masas máis extensas de bosque na provincia de A Coruña cun corredor forestal de case 20 Km. de lonxitude. Tanto as especies vexetais como faunísticas que compoñen este ámbito natural, constitúen un punto de extraordinario interese que debería ser obxecto de múltiples estudios e disposicións legais que regulen o uso do medio, facendo así posible frear a deterioración que dende hai uns anos vén seguindo este espazo en progresivo aumento e podendo manter nun estado de conservación óptimo a paraxe das "Fragas do Eume".

 
AS FRAGAS DO EUME © 2007 Template feito por Templates para Você