miércoles, 25 de febrero de 2009

Torre de Andrade


Situación:
A torre de Andrade encontrase na provincia da Coruña, comarca do Eume, concello de Pontedeume, parroquia de Nogueirosa, a 34 kilómetros da Coruña. O castillo álzase sobre o outeiro de Leboreiro, a 3 kilómetros de Pontedeume, a 309 metros de altitude sobre o nivel do mar. Dende o seu emplazamento dominase todo o val de Pontedeume, mailo Parque das Fragas do Eume, dende o cal se pode visitar.
Pódese chegar pola carretera LC151 de Campolongo a Curtis. No kilómetro 1,5, na aldea de Loureiros, cóllese a carretera de Taboada e a 2,5 kilómetros encontrase, a esquerda, a pista que chega a torre.
Historia:
A orixe deste castelo encontrase ligado o mosteiro de Santa María de Sobrado, empezouse a construir no ano 1369 e rematouse no 1377, foi construido sobre as ruinas dun castelo que xogou un papel importante nas revoltas irmandiñas donde quedou destruido.
No século XVII pertenceu o conde de Lemos, despois a casa de Lerma e a de Alba, que o restaurou no século XIX.
Posee unha planta rectangular, medindo 38 por 25 metros no corpo principal, máis outros dous rectángulos máis pequenos e adyacentes que deixan entre eles un patio de tres alas con 13 pilares de pedra. Cerra o cuarto lado un muro con tres arcos apuntados, fechados no sécuo XV.
Materiales:
O material utilizado, nos seus muros, torres, e sillar son bloques de pedra perfectamente labrada e colocada en sillares alineados e ordenados de forma precisa. Os materiales proceden dos alrededores.
Estado de conservación:
Actualmente encuentrase en aceptable estado de conservación, anque medio derruido. Limpouse todo o entorno, o que permite rodear a construcción fácilmente e velas penas sobre as que se alza.
Propiedade e uso:
E Monumento Nacional dende 1924, sendo o primeiro da provincia da Coruña en alcanzar este estatus.
Protección:
Baixo a protección do Decreto de 22 de abril de 1949, e a Lei 16/1985 sobre Patrimonio Histórico Español.

martes, 24 de febrero de 2009

Mosteiro de Santa María de Monfero


Un dos edificios que se pode visitar no Parque e o mosteiro de Monfero. Está situado no concello de Monfero, e destaca pola iglesia coa sua fachada barroca, construíuse dende o ano 1622 ata 1656 e ten unha soa nave con planta de cruz latina. A fachada destaca polo ajedrezado dos sillares, alternando os de granito cos de pizarra. Catro enormes columnas e doas pilastras con capiteles (parte superior da columna) corintios elevanse ata a cornisa superior. A nave ten unha lonxitude de 65 metros e 12. 5 de ancho. Os muros lateraís están adornados con pilastras similares as da fachada,no encontro da nave principal coa do cruceiro álzase unha gran bóveda octogonal de gran perfección. Detrás do altar maior hai unha sacristía y unha capilla, donde se celebraba a misa dos sacerdotes que non pertenecían a comunidade monacal.

domingo, 22 de febrero de 2009

Centro de recepción de visitantes.

E un edificio construido no ano 2005, a sua función e informar os visitantes que van o Parque Natural das Fragas do Eume, esta situado a entrada do Parque polo aceso dende Pontedeume, construeuse aproveitando o espacio donde estaba ubicada unha antiga canteira.
Os materiais empleados no edifico son principalmente madeira, pizarra, pedra, chapa e cristal. O edificio ten unhas medidas de 50 m de longo por 10 de ancho, esta cuberto a unha auga en planta baixa.
No seu interior ten unha aula de interpretación outra de exposición, zona de atención o público, restaurante asi como diversos despachos.

viernes, 20 de febrero de 2009

Areas recreativas


Dentro do Parque Natural das Fragas do Eume hai cinco áreas recreativas:
A primeira entrando polo povo de Pontedeume xusto a entrada do Parque e a Xunqueira de abaixo ten unha superficie de 0,5 has, ten aparcadoiro para coches, mesas, bancos e epapeleiras.
A segunda chámase Xunqueira de arriba, e donde se fai a popular festa do rio.
A seguinte e a Alameda e a que máis mesas ten,tamen ten aceso e aparcadoiro para vehiculos.
A seguinte denominase Cal Grande encontrase a 2 Km da seguinte, ésta ten servicios no edificio donde se guian os reos.
A última das áreas chamase A Figueira, está a 2 Km do mosteiro de Caveiro ten unha edificación pequena que fai de refuxio dos pescadores, tamen ten mesas e bancos.
Todas elas son moi comodas para merendar e descansar no Parque.

MONTES PÚBLICOS DENTRO DO PARQUE

Este plano representa os montes públicos que se encontran dentro do parque das Fragas do Eume. A xestión destes montes corresponde á Administración autonomica, (A Xunta), e en concreto a Conselleria de Medio Rural.
Esta xestión debe realizarse de acorde co PORN (Plan de Ordenación de Recursos Naturais) e co PRUX (Plan Rector de uso e Xestión, este último encontrase ainda en fase de borrador, ainda non esta aprobado.


HISTORIA DOS MONTES PÚBLICOS

Os montes publicos que se encontran dentro do Parque Natural das Fragas do Eume son:
Marco da Curra
Penafesa de S. Pedro
Penacavada e marola
Os Cerqueiros
Fraga dos Cerqueiros
Fraga de Teixeiro
Antes de meternos en detalle imos facer unha pequena introdución e imos a falar un pouquiño , de cal é a historia destes montes.
Os primeiros datos que se teñen da propiedade destes montes remontanse ao seculo XVI, cando a totalidade do concello de Monfero era propiedade da Orden do Císter e estos a cederon aos veciños, con dereito a a aproveitar as leñas e os pastos para o gando. Este réximen permanecerá ata que o 30 de decembro de 1872, polas leis de desamortización, foron adquiridas case totalidade dos montes do concello pola Excelentisima Sra Dña Mª Josefa Parada y Parada condesa de Vigo.
Xa na decada dos cincuenta, concretamente o 23 de outubro de 1953, foi aprobado no Consello de MInistros un Decreto polo que se declaraba obrigatorio a plantación forestal (repoboación) de varios montes do concello de Monfero. Se os montes encontrabanse catalogados, algunhos indebidamente, se estableció un contrato de xestión (Consorcio) entre o concello e o Parimonio Forestal do Estado do Minesterio de Agricultura; noutros casos, montes de titularidade privada invitabaselles aos seus propietarios a formalizar un contrato de xestión (consorcio) co Patrimonio Forestal do Estado ou ben a facer a repoboación pola sua conta.
A situación xeral salvo as excepcions de Os Cerqueiros, Fraga dos Cerqueiros e a Fraga do Teixeiro, foi que os antigos propietarios demandaron ao Patrimonio Forestal do Estado sobre a propiedade dos montes. A sentenza ditadas polos xuíces ofrecía aos propietarios a alternativa de recibir o precio do suelo ou ben pagar os costes da repoboación; ademáis de proceder á exclusión dos montes do Catalogo de Utilidade Pública. Os montes foron entonces entregados ao Patrimonio Forestal do Estado a un prezo de 12.500 pts/ha.
A realidade é que estes conflictos ainda non estan solucionados, existindo reclamacións dos veciños que se sinten propietarios de parte dos montes. Ainda que os montes foron adquiridos libre de cargas, esto non é a realidade, xa que os vecíños mantenian o seu gando comprometiendo o exito das repoboacións efectuadas. Estes veciños reclamaban ao organismo competente aumentar a carga gandeira dos montes xa que segun eles, as repoboacións fracasaban non a causa da carga gandeira, senon que era a consecuencia da dureza do clima. En 1985, sendo o organismo competente A Conselleria de Agricultura Ganderia e Montes, establecese uns contratos de ocupación con os veciños de maneira que pudiesen ubicar o gando nas areas de pastizal que se adecuaron para elo.
Hoxe en día estase a facer un Proxecto de Ordenación dos montes arborados, para garantir a sua conservación, aproveitamento racional e a continuada persistenza dos mesmos (conservando os valores naturais e paisaxisticos, de productividade e de perdurabilidade).

XESTIÓN DOS MONTES

A superficie de montes públicos dentro do Parque é de alrededor de 1650 has. Nestes montes a masas arboreas de orixen natural existentes estan formadas principalmente por Quercus robur, Castanea sativa, Betula spp, con presencia, como especies arboreas e arbustivas secundarias de pes de Corylus avellana, Alnus glutinosa, Fraxinus excelsior, Acer pseudoplatanus, Pyrus cordata, Malus sylvestris, Frangula alnus y Salix atrocinerea. As masas arboreas de orixen artificial (plantación) existententes estan formadas fundamentalmente, como especies principales por Pinus pinaster, Pinus radiata, Pinus sylvestris, Pinus nigra, Betula spp, Castanea sativa, Quercus rubra, e Eucaliptus spp. IMGP2288

Á hora de planificar o monte, o que se pretende é a consevación das masas arboreas compostas por especies de frondosas autóctonas (etapa clímax), así como a transformación das masas arboreas existentes que non cumpran tal condición cara un bosque mixto de masas arboreas compostas por especies de frondosas autoctonas como etapa climax.

Para realizar calquera traballo dentro destes montes, requirese sempre o informe favorable do director do parque. Nestes informes ven reflexado cando e como debe facerse ditos traballos. Por exemplo non se poden facer traballos na época de cria da maioria das especies, así entre o mes de abril e o mes de xullo non se poderia traballar neste montes. Non se poden realizar traballos que causen un impacto visual, como por exemplo desbrozar faixas cortalumes en lineas rectas. Tampouco se poden realizar grandes desbroces, xa que se lle merman ós animais os lugares de refuxio. Non se poderia facer desbroces nos habitat de especies protexidas, como pode ser a Erica makaiana. etc.

Nestes montes realizanse todo tipo de traballos forestais, como e a preparación do terreo para plantar, plantacións, clareos, claras, podas e vendese a madeira, cando as arbores chegan ó turno.

O alleamento da madeira dos montes públicos faise normalmente mediante poxa.

Neste video se pode ver unha procesadora facendo unha clara semisistematica:

Etiquetas de Technorati:

miércoles, 18 de febrero de 2009

MUIÑOS

O muiño hidraulico instalouse nas beiras dos rios para aproveietar a forza hidraulica da auga, permitia moer grandes cantidades de gran en pouco tempo.
Na zona do Eume hai dous tipos de muiños:
Os de cubo e os de canal descuberto
O seu funcionamento e o seguinte: A auga desviabase do rio a traves de un canal ata a entrada do muiño, a auga encañabase directamente sobre o rodicio e facia xirar éste xunto o eixe o que estaba unido unha moa ou pedra encargada de triturar o grao por fricción sobre outra pedra fija e na que se depositaba o grao que se iba moer.
Estas pequenas industrias de uso domestico repercutiron en gran medida na vida social e económica das aldeas donde estaban enclavados non solo do Eume senon de toda Galicia.
O muiñeiro cobraba unha cantidade de grao equivalente dependendo da cantidade de grao muido ésta cantidade denominabase maquia


lunes, 16 de febrero de 2009

RECOLECIÓN DAS CASTAÑAS

clip_image001

O outono é a época das castañas.

A castaña foi un alimento de referencia, fundamental tanto na economía como na dieta na antigüidade, sendo a principal fonte de hidratos de carbono en tempos de escaseza.

A xente ia cara os soutos e comezaba a golpear as polas das árbores para conseguir cos ourizos se desprenderan das polas e caeran ó chan. Os homes eran os que realizaban a tarefa de varear. Existen dous tipos de varas para realizar esta tarefa: as varas de pico (máis cortas e lixeras) e as varas de faldeira (mais largas e pesadas).

Para subir ó castañeiro utilizabanse unhos ganchos  chamados garrucha ou cambo. Normalmente os varixois (persoas que varixan), comezaban por o apice da árbore e terminaban vareixando as faldeiras, que son as polas cercanas ó chan.

clip_image002clip_image003

clip_image004

Despois apañanbanse os ourizos utilizando as colleidoras para non pincharse, que son una especie de pinzas de madeira. Hoxe en día empleanse maiormente guantes de traballo. Os ourizos botabanse nunha cesta grande sen asas e cando se enchían vacíabanse nunha curripa. A curripa é unha construcción circular  sen cubrición e de pequena altura realizada con pedra. No seu interior as castañas ian secando e madurando lentamente abrindo o ourizo, e ao cabo do tempo a castaña está separada de seu envoltorio, sendo sencillo recolectala.

clip_image005"colleidoras"

clip_image006

clip_image007

clip_image008

clip_image009

clip_image010

clip_image011

clip_image012

clip_image013

clip_image014

Despois de desourizar (sacar as castañas dos ourizos), escollense as máis grandes para  a casa e as máis pequenas para alimento do gando.

---------------------------------

Hoxe en día é frecuente que as castañas caian e se perdan no chan, ou as coman os xabarins, pero non sempre foi así. A castaña foi históricamente un alimento esencial nas casas do rural das Fragas, cada familia poseía os seus propios castaños que inxertaban e cuidaban. No outono proporcionaban un bo alimento que se conservaba durante parte do inverno. Comíanse cocidas e sobre todo asadas no tambor, que é cilindro metálico aburatado que xira manualmente facilitando o movemento das castañas para evitar que se queimen. Aquí era frecuente, e ainda hoxe fanse as reunions de veciños para xantar castañas asadas. Esta festa é coñecida como o magosto.

clip_image015

clip_image016

clip_image017

clip_image018

clip_image019

clip_image020

clip_image021

clip_image022

martes, 10 de febrero de 2009

CASA TÍPICA, E OFICIOS DO EUME

O outro día fomos ao lugar do Pazo, no concello de A Capela, alí estivemos visitando un museo etnográfico. Este museo móstranos a casa típica galega da zona, e ademais mostra os utensilios e ferramentas dos diversos oficios nos que traballaba a xente da comarca do Eume.
A encargada do museo informounos moi ben de como se distribuia a casa e para que servian os aparellos alí expostos, polo que pensamos que se podedes non dubidedes en visitalo.
Fixemos a presentación en 4 partes debido ao seu tamaño. Esperemos que vos guste

lunes, 2 de febrero de 2009

Ruta A Ventureira


Ruta:" A Ventureira "
Distancia: 8Km
Dificultade: Baixa
Percorrido: É unha ruta sen desniveies que practicamente segue o río. Nós apartaremos do rio unicamente para subir, por un camiño empedrado ó pequeno promontorio do mosteiro de Caaveiro.

A marcha iníciase no fondo do val (Antiga central hidroeléctrica, ata onde se pode chegar en coche), entre as dúas pequenas centrais hidroeléctricas: a antiga, chamada A Ventureira e a nova Central do Eume. Despois de ver a vella construcción, cruzaremos pola central nova e adentraremonos na fraga. O sendeiro segue o curso do río Eume, no máis profundo da fraga. Carballos (Quercus robur), castiñeiros (Castanea sativa), bidueiros (Betula sp.), aveleiros (Corylus avellana) e outras especies conforman este ecosistema. Guiados polo río chegamos ata o mosteiro de Caaveiro. Aquí hai que deterse para observalo con calma (temos un post adicado ó mosteiro, ¡Visítao!), logo descenderemos por un camiño ata encontrarnos con un rincón onde estaba o antigo muíño do mosteiro. Neste punto chegaremos a mitade da ruta. A continuación volveremos sobre os nosos pasos ata a central.
Outra alternativa sería:
Ruta "A Ventureira circular "
Distancia: 8 km
Dificultade: Media
Recorrido: Sen dificultade ata a mitade do camiño, a ruta e a mesma que ata o mosteiro. A variante empeza cunha subida acentuada ata chegar a unha pista, a medida que se ascende, os eucaliptos mestúranse coa fraga, a paisaxe iráse abrindo e veremos as dúas faldas do cañón do Eume.
A media ladeira alcanzaremos a central de A Ventureira e concluiremos a nosa marcha.
 
AS FRAGAS DO EUME © 2007 Template feito por Templates para Você