martes, 6 de enero de 2009

MAMIFEROS

Pola súa riqueza (ao menos 40 especies) e pola existencia de diversas especies infrecuentes e de distribución moi localizada, as Fragas do Eume son o emprazamento máis notable para a fauna de mamíferos na Galicia baixa. Entre as especies propias de áreas montanas destacan, por exemplo, a marta (Martes martes), e a musaraña de auga (Neomys fodiens). Esta última, xuntamente co desmán ibérico (Galemys pyrenaicus), e a lontra (Lutra lutra), ambos incluídos no anexo II da Directiva hábitats e con boas poboacións na zona, están vinculados aos numerosos cursos de auga. Outros carnívoros de grande interese citados na zona son o gato bravo ou montés (Felis sylvestris), o armiño (Mustela erminea), o tourón (Mustela putorius), e a garduña (Martes foina). O lobo (Canis lupus) mostra unha presenza regular nas zonas altas do LIC. Malia que os quirópteros están pouco estudados, a existencia de múltiples refuxios permite supoñer a existencia dunha rica comunidade; unha das poucas citas do raro morcego rateiro de bigotes (Myotis mystacina), foi obtida neste espazo natural. Tras décadas de case desaparición, o corzo (Capreolus capreolus), e o xabaril (Sus scrofa), están hoxe en día ben representados, así como a lebre (Lepus granatensis), nas áreas altas de matogueira, mentres que o cervo (Cervus elaphus), procedente de escapes de catividade, xa chegou a reproducirse dentro do espazo natural

No hay comentarios:

 
AS FRAGAS DO EUME © 2007 Template feito por Templates para Você