Ruta:" A Ventureira "
Distancia: 8Km
Dificultade: Baixa
Percorrido: É unha ruta sen desniveies que practicamente segue o río. Nós apartaremos do rio unicamente para subir, por un camiño empedrado ó pequeno promontorio do mosteiro de Caaveiro.
A marcha iníciase no fondo do val (Antiga central hidroeléctrica, ata onde se pode chegar en coche), entre as dúas pequenas centrais hidroeléctricas: a antiga, chamada A Ventureira e a nova Central do Eume. Despois de ver a vella construcción, cruzaremos pola central nova e adentraremonos na fraga. O sendeiro segue o curso do río Eume, no máis profundo da fraga. Carballos (Quercus robur), castiñeiros (Castanea sativa), bidueiros (Betula sp.), aveleiros (Corylus avellana) e outras especies conforman este ecosistema. Guiados polo río chegamos ata o mosteiro de Caaveiro. Aquí hai que deterse para observalo con calma (temos un post adicado ó mosteiro, ¡Visítao!), logo descenderemos por un camiño ata encontrarnos con un rincón onde estaba o antigo muíño do mosteiro. Neste punto chegaremos a mitade da ruta. A continuación volveremos sobre os nosos pasos ata a central.
Outra alternativa sería:
Ruta "A Ventureira circular "
Distancia: 8 km
Dificultade: Media
Recorrido: Sen dificultade ata a mitade do camiño, a ruta e a mesma que ata o mosteiro. A variante empeza cunha subida acentuada ata chegar a unha pista, a medida que se ascende, os eucaliptos mestúranse coa fraga, a paisaxe iráse abrindo e veremos as dúas faldas do cañón do Eume.
A media ladeira alcanzaremos a central de A Ventureira e concluiremos a nosa marcha.

1 comentario:
Gracias por este blog tan cheo de información! Cres que sería seguro e factible para un grupo de máis de 50 nenos de 8 e 10 anos chegar ao mosteiro de Caaveiro a pé accedendo pola central da Ventureira? Un saúdo.
Loli
Publicar un comentario