lunes, 16 de febrero de 2009

RECOLECIÓN DAS CASTAÑAS

clip_image001

O outono é a época das castañas.

A castaña foi un alimento de referencia, fundamental tanto na economía como na dieta na antigüidade, sendo a principal fonte de hidratos de carbono en tempos de escaseza.

A xente ia cara os soutos e comezaba a golpear as polas das árbores para conseguir cos ourizos se desprenderan das polas e caeran ó chan. Os homes eran os que realizaban a tarefa de varear. Existen dous tipos de varas para realizar esta tarefa: as varas de pico (máis cortas e lixeras) e as varas de faldeira (mais largas e pesadas).

Para subir ó castañeiro utilizabanse unhos ganchos  chamados garrucha ou cambo. Normalmente os varixois (persoas que varixan), comezaban por o apice da árbore e terminaban vareixando as faldeiras, que son as polas cercanas ó chan.

clip_image002clip_image003

clip_image004

Despois apañanbanse os ourizos utilizando as colleidoras para non pincharse, que son una especie de pinzas de madeira. Hoxe en día empleanse maiormente guantes de traballo. Os ourizos botabanse nunha cesta grande sen asas e cando se enchían vacíabanse nunha curripa. A curripa é unha construcción circular  sen cubrición e de pequena altura realizada con pedra. No seu interior as castañas ian secando e madurando lentamente abrindo o ourizo, e ao cabo do tempo a castaña está separada de seu envoltorio, sendo sencillo recolectala.

clip_image005"colleidoras"

clip_image006

clip_image007

clip_image008

clip_image009

clip_image010

clip_image011

clip_image012

clip_image013

clip_image014

Despois de desourizar (sacar as castañas dos ourizos), escollense as máis grandes para  a casa e as máis pequenas para alimento do gando.

---------------------------------

Hoxe en día é frecuente que as castañas caian e se perdan no chan, ou as coman os xabarins, pero non sempre foi así. A castaña foi históricamente un alimento esencial nas casas do rural das Fragas, cada familia poseía os seus propios castaños que inxertaban e cuidaban. No outono proporcionaban un bo alimento que se conservaba durante parte do inverno. Comíanse cocidas e sobre todo asadas no tambor, que é cilindro metálico aburatado que xira manualmente facilitando o movemento das castañas para evitar que se queimen. Aquí era frecuente, e ainda hoxe fanse as reunions de veciños para xantar castañas asadas. Esta festa é coñecida como o magosto.

clip_image015

clip_image016

clip_image017

clip_image018

clip_image019

clip_image020

clip_image021

clip_image022

No hay comentarios:

 
AS FRAGAS DO EUME © 2007 Template feito por Templates para Você