viernes, 20 de febrero de 2009

XESTIÓN DOS MONTES

A superficie de montes públicos dentro do Parque é de alrededor de 1650 has. Nestes montes a masas arboreas de orixen natural existentes estan formadas principalmente por Quercus robur, Castanea sativa, Betula spp, con presencia, como especies arboreas e arbustivas secundarias de pes de Corylus avellana, Alnus glutinosa, Fraxinus excelsior, Acer pseudoplatanus, Pyrus cordata, Malus sylvestris, Frangula alnus y Salix atrocinerea. As masas arboreas de orixen artificial (plantación) existententes estan formadas fundamentalmente, como especies principales por Pinus pinaster, Pinus radiata, Pinus sylvestris, Pinus nigra, Betula spp, Castanea sativa, Quercus rubra, e Eucaliptus spp. IMGP2288

Á hora de planificar o monte, o que se pretende é a consevación das masas arboreas compostas por especies de frondosas autóctonas (etapa clímax), así como a transformación das masas arboreas existentes que non cumpran tal condición cara un bosque mixto de masas arboreas compostas por especies de frondosas autoctonas como etapa climax.

Para realizar calquera traballo dentro destes montes, requirese sempre o informe favorable do director do parque. Nestes informes ven reflexado cando e como debe facerse ditos traballos. Por exemplo non se poden facer traballos na época de cria da maioria das especies, así entre o mes de abril e o mes de xullo non se poderia traballar neste montes. Non se poden realizar traballos que causen un impacto visual, como por exemplo desbrozar faixas cortalumes en lineas rectas. Tampouco se poden realizar grandes desbroces, xa que se lle merman ós animais os lugares de refuxio. Non se poderia facer desbroces nos habitat de especies protexidas, como pode ser a Erica makaiana. etc.

Nestes montes realizanse todo tipo de traballos forestais, como e a preparación do terreo para plantar, plantacións, clareos, claras, podas e vendese a madeira, cando as arbores chegan ó turno.

O alleamento da madeira dos montes públicos faise normalmente mediante poxa.

Neste video se pode ver unha procesadora facendo unha clara semisistematica:

Etiquetas de Technorati:

No hay comentarios:

 
AS FRAGAS DO EUME © 2007 Template feito por Templates para Você