Mostrando entradas con la etiqueta Actividades turisticas.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades turisticas.. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de marzo de 2009

Mosteiro de Caaveiro

A edificación máis visitada dentro das Fragas do Eume é o Mosteiro de Caaveiro, establecido neste lugar dende o ano 934. A él pertencían a maior parte das terras de cultivo sitas a dereita do río Eume, e debido a isto, a súa igrexa obtén a categoría de Real Colexiata (con seis canónigos) que conservará ata fins do século XVIII. Despóis do século mencionado , o mosteiro tras ser abandoado pola igrexa, queda o coidado dun caseiro e inicia a súa decadencia e deterioro.
No século XIX, tanto o mosteiro coma boa parte das terras que o rodean, pasan a ser propiedade dun particular, o cal fai unha serie de obras modificando parte da súa estructura.
CONSERVACIÓN:
Os restos máis antigos que se conservan sen modificación datan do século XII, entre o que destaca a igrexa do mosteiro. Consérvase en bo estado a cabeceira e boa parte da nave. Queda tamén en pé un fermoso campanario barroco do século XVIII.
Outras partes da estructura do mosteiro que se conservan de forma aceptable son a casa dos canónigos e e as cociñas do mosteiro.
PROTECCIÓN:
O conxunto foi declarado no ano 1975 Monumento Histórico Artístico, debido á súa importancia arquitectónica.
Na actualidade o Mosteiro de Caaveiro é propiedade da Diputación de A Coruña, a cal organiza visitas turísticas guiadas os fins de semana e días festivos. Nas épocas de máis visitas como en Semana Santa e os meses de xullo, agosto e setembro sae un autobus dende o Centro de receción das Fragas do Eume cada hora e leva os visitantes ata o mosteiro.



miércoles, 4 de marzo de 2009

Coto de Chao de Ombre

Unha das actividades turísticas máis reclamadas nas Fragas do Eume e a pesca no rio Eume. O rio para a pesca esta dividido en dous tramos: Un tramo acotado na desembocadura do rio para reo e outro tramo libre de 4 Km na parte alta do rio para troita.
O tramo alto discurre dende o seu nacemento na serra do Xistral, en Montouto, a 880 metros de altitude, nos regos Ferradal, Pieles e Ferrao. A sua cabeceira e suave ata que recibe o rego Rebordelos e o río Bo que se encaixona levemente. Recibe logo o rego Cebollín e o Casal, antes de entrar na Depresión de Pontes de García Rodríguez recibe o Montouto, o Reboiras, o Sarrión e o Ferreiras para embalsarse en Pontoibo, formando o embalse, o tramo ainda chega 2Km augas abaixo do embalse.
Para poder pescar necesítase licencia Autonómica Galega con recargo para salmón e permiso do coto. O rio ten moi bos acesos dende a carretera que vai paralela, tamen conta cun refuxio para pescadores e un centro de guiado para reos e salmón, xa que estes especies teñen que ir guiadas.
O tramo baixo e o máis demandado polos pescadores, ten as seguintes caracteristicas:
Lonxitude 8,3 Km.
Anchura media entre 12-15 m.
Profundidade media entre 2,5 e 3 m.
Especies pescables:Reo, troita e anguila, na desembocadura múxiles e lubinas
Limtes do coto:Dende o Km 5 da carretera da Alameda de Puentedeume ata a presa de Caaveiro donde acaba o tramo acotado.
Periodo hábil:Do 2 de maio ata o 30 de setembro no tramo acotado e ata o 22 de agosto no tramo libre.
Pódese pescar 5 reos de 30 cm de lonxitude, o cupo de troita son 10 de 19 cm que teran que ser 5 no caso de coller 5 reos.
Os permisos para poder pescar expídense: Bar Capri, Bar Penjamo, Chao de Ombre 81 camiño do coto así como nas Delegacións Provinciais da Conselleria do Medio Ambiente.



miércoles, 25 de febrero de 2009

Torre de Andrade


Situación:
A torre de Andrade encontrase na provincia da Coruña, comarca do Eume, concello de Pontedeume, parroquia de Nogueirosa, a 34 kilómetros da Coruña. O castillo álzase sobre o outeiro de Leboreiro, a 3 kilómetros de Pontedeume, a 309 metros de altitude sobre o nivel do mar. Dende o seu emplazamento dominase todo o val de Pontedeume, mailo Parque das Fragas do Eume, dende o cal se pode visitar.
Pódese chegar pola carretera LC151 de Campolongo a Curtis. No kilómetro 1,5, na aldea de Loureiros, cóllese a carretera de Taboada e a 2,5 kilómetros encontrase, a esquerda, a pista que chega a torre.
Historia:
A orixe deste castelo encontrase ligado o mosteiro de Santa María de Sobrado, empezouse a construir no ano 1369 e rematouse no 1377, foi construido sobre as ruinas dun castelo que xogou un papel importante nas revoltas irmandiñas donde quedou destruido.
No século XVII pertenceu o conde de Lemos, despois a casa de Lerma e a de Alba, que o restaurou no século XIX.
Posee unha planta rectangular, medindo 38 por 25 metros no corpo principal, máis outros dous rectángulos máis pequenos e adyacentes que deixan entre eles un patio de tres alas con 13 pilares de pedra. Cerra o cuarto lado un muro con tres arcos apuntados, fechados no sécuo XV.
Materiales:
O material utilizado, nos seus muros, torres, e sillar son bloques de pedra perfectamente labrada e colocada en sillares alineados e ordenados de forma precisa. Os materiales proceden dos alrededores.
Estado de conservación:
Actualmente encuentrase en aceptable estado de conservación, anque medio derruido. Limpouse todo o entorno, o que permite rodear a construcción fácilmente e velas penas sobre as que se alza.
Propiedade e uso:
E Monumento Nacional dende 1924, sendo o primeiro da provincia da Coruña en alcanzar este estatus.
Protección:
Baixo a protección do Decreto de 22 de abril de 1949, e a Lei 16/1985 sobre Patrimonio Histórico Español.

domingo, 22 de febrero de 2009

Centro de recepción de visitantes.

E un edificio construido no ano 2005, a sua función e informar os visitantes que van o Parque Natural das Fragas do Eume, esta situado a entrada do Parque polo aceso dende Pontedeume, construeuse aproveitando o espacio donde estaba ubicada unha antiga canteira.
Os materiais empleados no edifico son principalmente madeira, pizarra, pedra, chapa e cristal. O edificio ten unhas medidas de 50 m de longo por 10 de ancho, esta cuberto a unha auga en planta baixa.
No seu interior ten unha aula de interpretación outra de exposición, zona de atención o público, restaurante asi como diversos despachos.

 
AS FRAGAS DO EUME © 2007 Template feito por Templates para Você