Unhos dos problemas que presenta o parque e a introducción que se fixo de especies foraneas e invasoras.
A presenza de elementos estraños aos ecosistemas, como son as especies exóticas invasoras, pode afectar ás condicións ambientais, á cadea trófica e aos ciclos de nutrientes. As condicións ambientais que se ven alteradas con maior frecuencia no caso das plantas invasoras son as de insolación, cantidade e riqueza de humus no horizonte superior do solo, oxixenación e nutrientes nas invasións en medios acuáticos... Estes cambios afectan a todo o sistema, incluíndo a fauna, a flora, os solos e o medio. Os polinizadores ou depredadores son algúns dos animais que se ven implicados na mudanza do ecosistema. Outros problemas xerais son os relativos á introdución de patóxenos ou especies asociadas coas invasoras, que poden afectar a outros elementos do ec
osistema. Tamén se describiron efectos de invasoras sobre condicións ambientais especiais en forma de perturbacións periódicas, como os incendios, posto que determinadas especies pirófitas poden favorecer a aparición ou cambio de condicións de incendios forestais.


Impacto sobre a flora autóctona - Nun estudo recente conclúese que as invasións biolóxicas son a segunda causa de ameaza para as especies, só por detrás da perda ou degradación do seu hábitat natural (Wilcove et al., 1998). Outros autores colocan esta

No hay comentarios:
Publicar un comentario