
Os incendios forestais son un problema non só no Parque das Fragas senon de toda Galicia, na Comarca do Eume os últimos incendios forestais dentro do Parque producironse no ano 2006 sobretodo nas zonas de A Capela e de Monfero. Os incendios forestais orixinan dano e perdas económicas como son:
Perdas diretas:
A madeira queimada ten menos valor económico, perdidas en biomasa forestal, erosión do terreno e a escasa capacidade que ten despois o terreno para a absorción da choiva, perdidas de productos forestais como son setas e castiñeiras, perdidas de cultivos agricolas e contaminación dos acuiferos.
E perdas indiretas como son:
Pérdidas derivadas da emisión de CO2 a atmósfera, coste derivados da extinción do lume, danos medioambientais, perdidas de turismo, arrastre de cinzas o rio e perdidas na valorización do monte.
1 comentario:
Pouco hai que dicirvos que non este demostrado no blog, precioso traballo, ben organizado, con recursos fantásticos, ben estruturado con información veraz, e útil... bueno en fin que é unha delicia de lectura e de visión. Animádevos a continualo e contádenos as cousas que ides ter o pracer de continuar vendo por eses fantásticos lugares do Eume. Noraboa por este preciosísimo traballo
Publicar un comentario